19

Abr

Ciclo de cinema Palestina Libre: O conto das tres xoias perdidas

19 horas

O conto das tres xoiasO venres, 19 de abril, ás 19 horas, continuaremos co ciclo de cinema Palestina Libre coa proxección de O conto das tres xoias perdidas (Michel Khleifi, 1995).

Nacido en Nazaré en 1950, Michel Khleifi é un dos nomes fundamentais do cinema palestino dende o seu debut en 1980 con Memoria fértil. En 1987 gañou a Cuncha de Ouro no Festival de Donostia co filme Casamento en Galilea, ao que seguiu tres anos despois Cántico das pedras. O ciclo de cinema Palestina Libre ten a honra de poñer en valor este cineasta coa proxección da súa longametraxe O conto das tres xoias perdidas, unha fermosa historia de amor entre un rapaz e unha rapaza de 12 anos. Versión orixinal subtitulada en galego. Duración: 112 minutos.

Esta actividade realízase en colaboración con SUGxPalestina, BDS e o Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.

Se queres asistir a esta proxección, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies