02

Mai

DirectorAs: Agnès Varda

19.30 h

Agnès VardaO xoves 2 de maio, ás 19.30 h, Martín Pawley ofrece no noso local, dentro do ciclo DirectorAs, unha nova palestra sobre Agnès Varda.

Agnès Varda adiantouse varios anos á nouvelle vague con La Pointe Courte, consolidouse nos 60 e 70 como directora sobresaínte con perspectiva feminista, nos 80 gañou o León de Ouro en Venecia con Sans toit ni loi e no cambio de século demostrou ser quen de adaptarse a novas formas e formatos cun documental capital, Os espigadores e a espigadora. Soubo ser unha figura de prestixio e á vez un xenuíno mito popular e quizais por iso chovéronlle moi variados premios honoríficos, da Palma de Ouro e o Óscar ao Premio Donostia. O seu é un deses nomes que non precisa moita presentación. Celebramos a Agnès Varda no mes do seu nacemento para recordar a súa memorábel vida e obra.

Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies