12

Mai

Cidade tatuada na pétrea pel do mar. Lectura pública da obra de Luísa Villalta

12.00 h

Luísa VillaltaO domingo 12 de maio ás 12h realizaremos unha lectura pública da obra de Luísa Villalta diante do Teatro Rosalía. Esta actividade, que organizamos cada ano en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) chama a ler ao autor/a homenaxeada no Día das Letras Galegas e que neste 2024 está dedicada á nosa querida Luísa Villalta, socia de honra de ACAB.

Non hai mellor homenaxe a unha escritora que (re)ler a súa obra e por iso animamos a toda a cidadanía para ese domingo 12 de maio. Luísa Villalta, persoa comprometida con Galiza, coa súa cidade e coa súa xente é unha das autoras imprescindibles do último cuarto do século XX. Escribiu e amou a poesía. Escribiu Música reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995), Apresados sen présa (2002), Estudo das sombras (2002), Modulación de Orfeu (2002), En concreto (2004) e Papagaio (2006). Narradora, ensaísta e tamén dramaturga : Concerto para un home só (1989), O representante (1990), O paseo das esfinxes (1991) e As certezas de Ofelia (1999).

Se te animas a ler, cando teñas escollido o texto, envianos os datos a través deste formulario para irnos organizando. As persoas que lean levarán de agasallo As chaves do tempo, a obra de Luísa que no 2001 editara A Nosa Terra.

    Uso de cookies

    Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

    ACEPTAR
    Aviso de cookies