- Para ver a cara dos camareiros cando lles pides “un café con leite morno” ou “milfollas de sobremesa”.
- Para contaxiar a outros falantes. Si, falar galego pode ser contaxioso. Talvez non tanto como a mononucleose ou a clamidia, mais si como un catarriño leve.
- Para que os taxistas te chamen “galleguista” cando lles pides que te leven á rúa San Xosé. De dubidares da túa orientación política, este é un bo método para lembrala.
- Para ligar. É ben sabido que moitas/os rapazas e rapaces da Coruña non se learían cun/ha galegofalante. Mais ti quererías contacto físico con esa xente? Non o dubides, o galego serve de criba!
- Para obter unha licencia para rexentar un casino cando os galegofalantes acabemos nunha reserva.
- Para o sexo. As/os galegofalantes son altamente competentes como amantes. Isto non ten base científica ningunha, mais de espallarse esta lenda urbana sería o fito máis importante da normalización desde o Xabarín Club.
- Para poder dicir, con naturalidade, “colo”, “pota” ou “reseso”. As palabras acaban por se deprimir cando as usas nun contexto estraño. Faino por elas!
- Para que alguén che diga “aunque hable en castellano soy tan galleg@ como tú”.
- Para ver a cara que poñen na billeteira do cinema cando pidas un sitio “na derradeira ringleira”.
- Para non dicir mamalonadas como “rajo”, “Arteijo” ou “Jurelo”.
- Para te sentir membro dunha sociedade secreta, como os masóns, os illuminati ou os cabaleiros jedi.
- Para confraternizar cos vellos no Campo de Marte. Se tes sorte, até é posíbel que te conviden a un cacho de pan reseso do que lle dan ás pombas.
- Para cando che digan “el gallego no sirve para nada”, poder responder: “Ti estásme entendendo. Así que para algo xa serviu”.
- Para lle lembrar á xente onde vive. Ás veces, entre tanta Feria de Abril e Oktoberfest, é difícil decatarse.
- Para que che pregunten se es do Bloque ou da aldea.
- Para nos decatar de que non somos tan poucos. Na fin de contas, que haxa case 40.000 galegofalantes na cidade non é “muck of turkey”, que diría sir Paco Vázquez (ese señor que se disfraza de Magneto cando posa para un cadro).
- Para facelo porque si, porque che gosta, porque che peta e queres e dáche a gaña porque che sae de dentro, alá do fondo.
- Para ter esperanza. Porque de fe e caridade imos sobrados…
Todas as situacións expostas están baseadas en feitos reais. Ningún galegofalante resultou ferido durante a realización deste artigo. Para comezar a falar galego non é preciso consultar con médico/a ou farmacéutico/a ningún/ha.
Antonio M. Fraga. Escritor. O Lugar do Sapo
Fotografías de Galiza Contrainfo
[tnc-pdf-viewer-iframe file=”https://www.acalexandreboveda.gal/descargas/letras-galegas-18.pdf” width=”650″ height=”800″ download=”true” print=”true” fullscreen=”true” share=”true” zoom=”true” open=”true” pagenav=”true” logo=”true” find=”true” current_view=”true” rotate=”true” handtool=”true” doc_prop=”true” toggle_menu=”true” language=”gl” page=”” default_zoom=”auto” pagemode=””]
3 Respostas
“Milfollas de sobremesa” ou um folhado de sobremesa?
Segundo o dicionario da RAG, follado é:
Masa utilizada en repostaría e cociña, que se elabora con fariña e manteiga e que coa calor do forno se converte nun conxunto de follas finas, superpostas unhas ás outras.
E a mesma RAG define milfollas como:
Doce de forma rectangular feito de dúas ou máis capas de masa de follado recubertas de crema ou merengue.
A tope coa lista 😀 ! Ademais se es unha persoa moza o da sociedade secreta multiplica puntos 😀 !