Un poema para agosto (VII): Manuel Rivas

Manuel Rivas Barrós (A Coruña, 1957), no seu libro Mohicania (1986), dedícalle unha “Oda á Coruña”. ODA Á CORUÑA Pola porta do aire os tolos perseguen as túas guedellas de amazona. Ámante, cidade. Ámante os orfos da que arrebuñan a luz da túa pel. Ámante os fillos do mar, tralo ronsel salgado do teu sexo. […]