NA CASA DA AVOA amoreábanse as redes
cada día
as mulleres sentaban no chan e tensaban o aparello
prendendo un extremo entre as dedas dos pés
as nenas bulían ao redor
sen decatarse
de que nos xogos ían tecendo
o seu futuro
coma se Minerva as maldixese
a elas
que non ousaran rivalizar coa deusa
agullas grandes e pequenas
agullas para redes e tecidos
sempre agullas
para elas que non leron a Homero
aqueles versos da Ilíada
“muller,
ten conta do tear e a rocaque da
guerra coidaremos os homes”elas ás que ninguén contou o mito de Penélope
abnegadísima esposa a destecer na noite
aracné presa á maldición do
decoro
elas agardan
tamén
a chegada dos seus Ulises
mais nunca recalan plenos de sabedoría
cansos, borrachos
varan feridos contra os seus corpos
e elas, como nausícaas, rescátanos
para velos partir, de novo
ansiosos de riquezas e praceres que
nunca
atoparán
porque
no mar en que naveganas
doncelas son peixes que rareane
non iluminan as patelas
a casa da avoa está nunha praza inundada de cheiro a marusía
entre unha ermida e a baixada ao “muño”
as redes ocupan a calzada da vila que nunca visitou a poeta acabada de casar
que non as describiu tecendo a vida e a morte
de costas á rúa, … completamente vestidas de negro
na casa da avoa
seguen amoreándose as redes
e elas son agora as mulleres que sentan no chan
curvadas, como orellas de mar, sobre o aparello
rodeadas de nenas que xogan
tecendo, sen sabelo
o seu futuro
son elas as que tensan as redes
e fan voar as agullas
elas, quen
tamén
abren camiños aos homes que arriban heroes
mentres os pechan para si mesmas.
(Marta Dacosta. Na casa da avoa. Galaxia, 2017)
Este 8 de marzo as mulleres paramos para reivindicar unha sociedade máis xusta que garanta a igualdade real entre homes e mulleres.
Este 8m queremos facer entender a sociedade que se as mulleres paran, para o mundo; que sen todas nós, a sociedade non avanza.
Se queres saber máis da FOLGA FEMINISTA podes atopalo na páxina de Galegas 8m: Por que a Folga Feminista?