O xoves 12 de setembro, ás 19.30 h, Martín Pawley ofreceranos, dentro do ciclo Outras historias de cinema, unha nova palestra sobre Agustín Fernández Paz e o cinema.
O amor polo cinema de Agustín Fernández Paz foi unha característica esencial da súa vida e da súa obra literaria, onde esa paixón se expresou de forma explícita en libros coma Amor dos quince anos, Marilyn e Fantasmas de luz. Mais, moito antes, houbo un Agustín cineclubista que analizou, en textos moito menos coñecidos, a educación nas películas de François Truffaut ou o cinema de terror estreado nas salas da Coruña. Nesta sesión rendiremos tributo a un dos grandes autores da literatura galega a través da súa paixón pola pantalla grande.
DATOS DO EVENTO
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR