O clima suave da nosa comunidade é usado como reclamo turístico nun contexto xeral de aumento de temperaturas, pero tamén aquí nos afecta por esa tendencia á alza. A nosa é a segunda comunidade con máis decesos por calor. Entre os desafíos que iso presenta, é urxente a adaptación das nosas cidades e vilas —sombra, auga e chan— para crear pequenos oasis que non dependan só da climatización privada.
Belén Teiga, xornalista, que asina a peza no Luzes 130, será quen nos fale deste interesante tema.
Esta actividade faise en colaboración coa Fundación Luzes.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR