Presentación do informe “Que segue agora? Actualización do estado dos expedientes de homologación en Psicoloxía en España”

AC Alexandre Bóveda

O mércores 11 de setembro ás 19.30 h acollemos a presentación dun informe que vén incidir no racismo institucional e na grandísima dificultade que teñen persoas inmigrantes para homologar títulos universitarios obtidos no estranxeiro.

Que segue agora? Actualización do estado dos expedientes de homologación en psicoloxía en España. Este informe foi elaborado de xeito colaborativo entre o CEMDRI (Centro de Estudios sobre la Migración, Discriminación y Racismo Institucional), o Movemento de Psicólogas e Psicólogos Migrantes e o Frente Interprofesional Migrante (FIM).

Contaremos con Gabriela Frias Goytia, psicóloga boliviana afincada na Coruña, quen é a coordinadora do CEMDRI, e de José María Casas, psicólogo arxentino afincado en Tarragona, voceiro do Movemento de Psicólogas e Psicólogos Migrantes. Falaránnos da loita polas homologacións de títulos universitarios estranxeiros en España e especialmente abordarán o caso de psicoloxía.

Tamén falarán da importancia da loita colectiva que se leva a cabo dende hai anos ante as denuncias de diferentes colectivos de profesionais con títulos estranxeiros que a día de hoxe non poden exercer no territorio español.

DATOS DO EVENTO

Data: 11/09/2024
Hora: 19:30
Lugar: AC Alexandre Bóveda - Rúa Santo André, 36 - 1º - 15003 A Coruña
Tipo de evento: Presentación

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies