A Coruña aínda conserva 545 elementos contrarios á memoria democrática, que son ilegais

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda presentaba en marzo de 2023 o traballo de Manuel Monge –mestre e sociólogo, preso político na ditadura e socio da nosa asociación– POLA ELIMINACIÓN DA SIMBOLOXÍA FRANQUISTA DA CORUÑA. PROPOSTA PARA UN PROGRAMA DE GOBERNO (eleccións municipais de 28 de maio de 2023).

Monolito ao alcalde Pérez Ardá
Monolito ao alcalde José Pérez Ardá, alcalde na Ditadura, xunto á piscina municipal de Riazor.

Axuntamos ese traballo actualizado a xaneiro de 2026: 29 rúas, 21 retratos, 28 distincións honoríficas, 449 placas, escudos e monumentos, 14 símbolos franquistas dependentes do ministerio de Defensa e 4 centros de ensino.

A Coruña conserva 421 placas do Instituto Nacional da Vivenda (INV) con simboloxía franquista do xugo e as frechas en 131 rúas. Barcelona xa retirou 1.100 desas placas en cumprimento da Lei de Memoria Histórica.

Unha sentenza do Xulgado do Contencioso nº 1 de Palencia de 15 de abril de 2016 condenaba ao concello de Palencia (alcaldía do PP) a retirar no prazo de dous meses  as placas do INV. A sentenza sinalaba que o concello debería pedir a retirada aos propietarios das propiedades privadas. O catálogo elaborado polo concello, en cumprimento da sentenza, sinalaba 239 placas. Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León ratificaba a sentenza do xulgado de Palencia.

O concello de Paterna (Valencia) aprobaba por unanimidade (alcaldía do PP) a retirada de 350 placas do INV franquista en marzo de 2011. Despois dunha primeira fase da retirada de 200 placas, por iniciativa dos propietarios, operarios municipais acababan o traballo en 2016 con alcaldía do PSOE.

Ademais da retirada de elementos contrarios á memoria democrática, o informe recolle uns criterios para a eliminación da simboloxía franquista e corenta propostas relacionadas coa aplicación da Lei de Memoria Democrática de 2022: homenaxe e atención ás vítimas do franquismo, lugares da memoria, inclusión da ditadura e a represión no currículo escolar.

Se queres descargar o informe actualizado, podes facelo desde aquí:

Pola eliminación da simboloxía franquista da Coruña (Actualizado a 2026)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies