As imaxes do XXVIII Memorial Ibán Toxeiro: Grazas pola vosa presenza e colaboración!

Xa están aquí! Se tiveches a fortuna de asistir ao XXVIII Memorial Ibán Toxeiro, agora podes revivir os momentos máis emotivos grazas á nosa reportaxe fotográfica e ao vídeo completo de toda a gala.

Se non puideches vir, esta é a túa oportunidade para coñecer polo miúdo todo o que deu de si esta edición do Memorial, unha cita que para nós, como entidade que aposta pola creación e polo teatro amador, segue sendo un referente imprescindible na cidade.

Agardamos que gocedes con esta selección de imaxes e coa gravación da xornada. Queremos destacar que todas as fotografías foron realizadas por Cris Andina (@crisandina, CrisAndinaFotografia). Solicitamos que, por respecto á autoría, se mencione o seu nome ao compartilas nas redes.

Un agradecemento sincero

Esta gala non sería posible sen o talento e a xenerosidade de moitas persoas e entidades. O noso máis profundo agradecemento vai dirixido a:

Grazas a todas  e todos por facer posible o XXVIII Memorial Ibán Toxeiro