Afonso X, o rei sabio que escribía en galego

Alfonso X

Como sabemos, durante a Idade Media –sobre todo durante o século XIII–, Galiza viviu un período de monolingüismo en galego (ou galegoportugués). A nosa lingua era utilizada en todos os contextos e para todas as funcións: como lingua familiar, administrativa, xudicial e –tamén– como lingua literaria. A nosa literatura –e a nosa lingua– vive un momento de esplendor. Coas cantigas medievais –e coa música– a literatura galega vive unha época de ouro.

O peso económico –político e cultural– de Galiza na época medieval converte o galego na lingua internacional da lírica.

O prestixio da nosa lingua era tal que o mesmo rei de Castela –Afonso X, o Sabio– utilizou o galego para escribir poesía. Nado en Toledo o día 23 de novembro de 1221, Afonso X de Castela reinou entre 1252 e 1284. Preocupado pola cultura, o monarca deixounos escritas en galego un conxunto de cuatrocentas vinte e sete composición que xiran arredor da Virxe: as coñecidas como Cantigas de Santa María.

É motivo de discusión se o rei escribiu todas as cantigas ou só unha parte e dirixiu o equipo de colaboradores que escribiu as outras. Sexa como for, estamos diante dunha obra coa que Afonso X procuraba prestixiarse. E, en galego.

Rósa das rósas e Fror das frores,

Dona das donas, Sennor das sennores.

 

Rósa de beldad’ e de parecer

e Fror d’ alegría e de prazer,

Dona en mui pïadosa seer,

Sennor en toller coitas e doores.

Rósa das rósas e Fror das frores…

 

Atal Sennor dev’ óme muit’ amar,

que de todo mal o póde guardar;

e póde–ll’ os pecados perdõar,

que faz no mundo per maos sabores.

Rósa das rósas e Fror das frores…

 

Devemo–la muit’ amar e servir,

ca punna de nos guardar de falir;

des i dos érros nos faz repentir,

que nós fazemos come pecadores.

Rósa das rósas e Fror das frores…

 

Esta dona que tenno por Sennor

e de que quéro seer trobador,

se éu per ren póss’ aver séu amor,

dou ao démo os outros amores.

Rósa das rósas e Fror das frores… 

Xograres

Santa Maria, strela do dia,

mostra–nos via pera Deus e nos guia.

 

Ca veer faze–los errados

que perder foran per pecados

entender de que mui culpados

son; mais per ti son perdõados

da ousadia que lles fazia

fazer folia mais que non deveria.

 

Santa Maria, strela do dia,

mostra–nos via pera Deus e nos guia.

 

Amostrar–nos deves carreira

por gãar en toda maneira

a sen par luz e verdadeira

que tu dar–nos podes senlleira;

ca Deus a ti a outorgaria

e a querria por ti dar e daria.

 

Santa Maria, strela do dia,

mostra–nos via pera Deus e nos guia.

 

Guiar ben nos pod’ o teu siso

mais ca ren pera Parayso

u Deus ten senpre goy’ e riso

pora quen en el creer quiso;

e prazer–m–ia se te prazia

que foss’ a mia alm’ en tal compannia.

 

Santa Maria, strela do dia,

mostra–nos via pera Deus e nos guia

Alfonso X

Ademais das Cantigas de Santa María, Afonso X deixounos poemas nos outros tres xéneros medievais: cantigas de amigo, cantigas de amor e cantigas de escarnio e maldicir. Seleccionamos, a continuación, un exemplo de cada.

Ai eu, coitada, como vivo en gran cuidado

por meu amigo, que hei alongado!

 Muito me tarda

 o meu amigo na Guarda!

 

Ai eu, coitada, como vivo en gran desejo

por meu amigo, que tarda e non vejo!

 Muito me tarda

 o meu amigo na Guarda!

________

 

Par Deus, senhor,

enquant’eu for

de vós tan alongado,

nunca en maior

coita d’amor,

nen atán coitado

foi eno mundo

por sa senhor

homen que fosse nado,

 penado, penado.

 

Sen nulha ren, sen vosso ben,

que tant’hei desejado

que ja o sén

perdí por én,

e viv’atormentado,

sen vosso ben,

de morrer én

ced’é mui guisado,

 penado, penado.

 

Ca, log’alí

u vos eu vi,

fui d’amor aficado

tan muit’en mí

que non dormí,

nen houve gasalhado

e, se m’este mal

durar assí,

eu nunca fosse nado,

 penado, penado

________

 

Com’eu en día de Pascoa quería ben comer,

assí quería bõo son e ligeiro de dizer

 pera meestre Joán.

 

Assí com’eu quería comer i de bõo salmón,

assí quería ao Avangelho mui pequena paixón

 pera meestre Joán.

 

Assí como quería comer que me soubesse ben,

assí quería bõo son de seculorum amen

 pera meestre Joán.

 

Assí com’eu bevería do bõo vinho d’Ouréns,

assí eu quería bõo son de O cunctipotens

 pera meestre Joán

Alfonso X

O 23 de novembro de 2021 cúmprense 800 anos do nacemento do Rei Afonso X de Castela. Un monarca que, para prestixiarse ante o mundo, escolleu a nosa lingua para para escribir poesía. Oitocentos anos despois, sería bo –tamén para prestixiarnos– seguir nisto o exemplo de Afonso X.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies