Esta ilustración na Praza do Humor da Coruña rende homenaxe ao debuxante, ilustrador e caricaturista Álvaro Cebreiro.
Nado na Coruña en 1903, Álvaro Cebreiro Martínez foi un artista precoz que con só dezaseis anos xa se deu a coñecer no xornal A Nosa Terra.
Tamén con moi poucos anos de idade, Álvaro Cebreiro pública co poeta Manuel Antonio –en 1922– o manifesto vangardista Máis alá! Nel afirman sobre a lingua:
“Pero hai aínda unha razón d´orde supremo: a nosa Fala é nosa. Pospol–a a outra calquera, é unha forma d´o suicidio.”
Esa preocupación pola lingua levou a Álvaro Cebreiro a ingresar en 1920 na Irmandade da Fala da Coruña. Na sede das Irmandades fixo ese ano a primeira exposición.
Álvaro Cebreiro –que estudou na Escola de Comercio da Coruña– traballou en distintos medios: El Pueblo Gallego, El Sol, Faro de Vigo, Vida Gallega, El Ideal Gallego, Galicia Emigrante, Mariñana, As Roladas, Ronsel e Alfar.
Álvaro Cebreiro naceu na rúa Linares Rivas da Coruña, desde o ano 2015 o seu nome tamén aparece nunha céntrica rúa desta cidade.
No ano 1953 ingresa Álvaro Cebreiro na Real Academia Galega de Belas Artes e tres anos despois –en 1956– falecía na Coruña.
Os restos do debuxante Álvaro Cebreiro descansan no Cemiterio de Santo Amaro da Coruña.