As outras “Grândolas”

Grândola, vila morena

Terra da fraternidade

O povo é quem mais ordena

Dentro de ti, ó cidade

Grándola

Ás 0:20h do 25 de abril de 1974 soaba en Rádio Renascença a canción de José Afonso, Grândola, Vila Morena. Era o sinal acordado do inicio da Revolucão dos Cravos, que acababa con moitos anos de ditadura e devolvía a democracia a Portugal: “o povo é quem máis ordena”. A canción de Zeca Afonso converteuse nun himno en todo o mundo para reclamar o poder do pobo, quen puxera cravos (caraveis) nos fusís dos militares:

Mais hai outras Grândolas, outras cancións que tamén se converteron en himnos: cantos á liberdade, a remover conciencias, á reivindicación social. Letras que unen á xente e que cando soan non nos deixan indiferentes. A continuación seleccionamos unhas cantas, aínda poderían ser outras, xa que hai moitas cancións himno.

Si tu l’estires fort per aquí

i jo l’estiro fort per allà,

segur que tomba, tomba, tomba

i ens podrem alliberar.

Lluís Llach

Composta –letra e música– e interpretada polo cantautor catalán Lluís Llach, en 1968 vía a luz unha canción que se convertía en todo un símbolo da loita pola liberdade: L’estaca. A canción chama á unión para liberarse das ataduras:

Aquí se queda la clara

La entrañable transparencia

De tu querida presencia

Comandante Che Guevara

Carlos Puebla

 En 1965, tras a despedida de Cuba do Che Guevara, o cantautor cubano Carlos Puebla compuxo a súa coñecida Hasta siempre, comandante. Era unha homenaxe ao líder revolucionario, que tras a súa morte –en 1967– se convertería nun himno revolucionario internacional:

Presiento que tras la noche

Vendrá la noche más larga

Quiero que no me abandones

Amor mío, al alba

Al alba, al alba

Al alba, al alba

Luis Eduardo Aute

En 1975, Luís Eduardo Aute compón Al alba para Rosa León, que foi quen a deu a coñecer. En 1978, o propio Aute reinterpreta e grava a canción. A letra –chea dun contido metafórico– quedou para sempre vinculada á homenaxe aos últimos fusilados polo franquismo en 1975:

Imaxina que non hai países

Non es tan difícil de facer

Nada por que matar nin por que morrer

E ningunha relixión tampouco.

John Lennon

Composta e interpretada por John Lennon –a letra de Yoko Ono e do propio Lennon– a canción Imagine estivo sempre vinculada ao desexo de paz e xustiza social. A letra vai enumerando como sería un mundo ideal:


 

Te recuerdo Amanda

La calle mojada

Corriendo a la fábrica

Donde trabajaba Manuel

Víctor Jara

Composta en 1969 polo cantautor chileno Víctor Jara, a canción –composición romántica e himno político– Te recuerdo Amanda fala das precarias condicións laborais dos obreiros: só cinco minutos de descanso son os que ten Manuel, que el e Amanda aproveitan para estar xuntos:

Este pandeiro que toco

Por moito que repenique

Non teñas medo que rache

Que é de coiro de cacique.

Suso Vaamonde

Escollemos a canción Uah! de Suso Vaamonde pola que foi condenado en 1980 a seis anos e un día de prisión, logo dun concerto na praza da Ferreiría de Pontevedra, en xuño de 1979. Ese día, engadiulle á popular canción, a estrofa:

Cando me falan de España

sempre teño unha disputa

que se España é miña mai

eu son un fillo de puta.

Condenado por “injurias a la Patria con publicidad” en 1980, Suso Vaamonde exiliouse en Londres, Alemaña e Caracas. Deste xeito, pasou a ser o primeiro preso político da democracia.

Hai moitas máis cancións que se converteron en himnos pola súa capacidade de unir a xente que as escoita nun mesmo sentimento. Cancións que, como Grândola, xa pertencen a todas e todos.

25 abril 1974

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies