Castro “Chané” na Coruña – Paseos en agosto XIII

Tumba de Chané

En 1917 falecía na Habana o músico galego Xosé Castro González, coñecido como “Chané”. Meses despois, os seus restos chegaron á Coruña onde descansan no cemiterio de San Amaro. Así o expresaba A Nosa Terra:

“No cemiterio da Coruña, preto de Curros, o seu irmán de raza, o seu compatriota, repousa xa para sempre o mestre Chané. O grande Centro Galego da Habana honra dos `bos e xenerosos´, cumpre co seu deber mandándonos os sagrados restos do autor da Foliada. Galiza enteira cumpriu tamén o seu deber, facéndolle ao mestre un enterro garimoso e solemne..”

 Nado en Santiago de Compostela en 1856, como instrumentista foi un virtuoso da guitarra e da cítara. Catedrático de Belas Artes na Coruña, ao ser suprimida a súa cátedra emigrou a Cuba en 1893.

Ademais de instrumentista, Castro Chané foi compositor, dirixiu tamén o Orfeón Coruñés e máis tarde a Coral Polifónica El Eco, coa que obtivo varios galardóns. Foi membro da Real Academia Galega.

Coral Polifónica "El Eco"

Ademais do enterro multitudinario na Coruña en 1917, cando en 1907 fixo unha viaxe a esta cidade –tras moitos anos de ausencia– foi obsequiado cun gran banquete de homenaxe presidido pola escritora Emilia Pardo Bazán.

Desde o momento do seu falecemento, Castro Chané ten unha rúa co seu nome na cidade da Coruña.

Placa da rúa Castro Chané

Rúa Castro Chané

Na emigración en Cuba, Castro Chané mantivo unha estreita relación co poeta Curros Enríquez. Coñecida é a música que Chané compuxo para a “Cántiga” de Curros. Pucho Boedo fixo unha gran versión do tema, pero tamén Rosa Cedrón e Cristina Pato:

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies