Historias silenciadas: a explotación das emigrantes galegas en Bos Aires

No artigo Entre a esperanza e a explotación: emigrantes galegas prostituídas na Habana abordamos a traxedia das mulleres galegas que emigraron á Habana, vítimas dunha realidade de explotación e prostitución forzada. Mais aquel drama non se limitou a Cuba; outros destinos da nosa emigración, como Uruguai ou Brasil foron tamén escenarios deste drama. Sen embargo, […]

Calendario 2025

Calensario 2025

Dedicamos este calendario ás moitas mulleres que antes ca nós xa loitaron en defensa dos seus dereitos. As que non achantaron, as insubmisas, as rebeldes.  Mulleres con moita forza que souberon tecer redes, traballar en común, mais que as súas historias, en demasiadas ocasións, ficaron no esquecemento. Contaremos nos doce meses do ano unha ducia […]

Redescubrirmos María Luz Morales (e II). Pioneira da crítica

María Luz Morales

Hai moitas María Luz Morales. A tradutora e adaptadora de libros para a infancia (xa a mediados dos 20, Peter Pan y Wendy de J. M. Barrie para a Editorial Juventud), a fundadora de editorial Surco, a editora de antoloxías e versións de clásicos, a creadora dunha historia do cinema en tres volumes para a […]

Redescubrirmos María Luz Morales (I). A escritora e Galiza

María Luz Morales

Escritora, tradutora, editora mais sobre todo xornalista, a coruñesa María Luz Morales ocupa un lugar na historia por múltiples razóns, mais as máis das veces fálase dela polo fito de ser a primeira muller en dirixir un xornal no estado español, La Vanguardia, semanas despois do golpe de estado de 1936. Por iso, e polo […]

A literatura galega faise popular: Lar (1924-1928)

O 29 de novembro de 1924 empeza a publicar a Editorial Lar. Este ano de 2024 celebramos o seu centenario. Dentro do inmenso traballo das Irmandades da Fala estivo a idea da creación dunha editorial autenticamente galeguista. O proxecto de contar cunha publicación literaria periódica en lingua galega tivo os seus principais defensores na irmandade da Fala […]

Entre a esperanza e a explotación: emigrantes galegas prostituídas na Habana

O Marqués de Comillas saíndo da Habana

A mediados do século XX, a primeira grande onda da emigración galega comezou cunha maioría de homes novos. Pero as mulleres, aínda que en menor medida, tamén comezaron a emigrar. A maioría ían a Cuba, que era daquela colonia española. As que o facían adoitaban ser esposas ou fillas que seguían aos seus familiares. Entre […]

Dous séculos sen o matemático Rodríguez

Busto Rodríguez

Este ano cúmprense douscentos da morte de Xosé Rodríguez González (1770-1824), o matemático de Bermés (Lalín). Un científico que salienta no contexto galego e español da súa época e que podemos considerar o máis destacado en Galicia na primeira parte do século XIX e, polo tanto, figura central da nosa historia cultural. Quen, con méritos […]

O cinema sonoro na Coruña

Los cuatro diablos

A gravación e reprodución de sons por medio do fonógrafo ou o gramófono adiantouse por uns anos ao primeiro sistema de exhibición de imaxes animadas, o kinetoscopio de Edison que permitía o visionado dun breve filme para unha única persoa. Non é estraño, entón, que dende a mesma orixe do cinema estivese vivo o soño […]

De Galiza a Ghalicia, pasando por Ghuadalagara

Gheada si-non

De maneira cíclica aparece, e desaparece, nos medios de comunicación do país o tema da gheada, un fenómeno lingüístico de carácter fonético que é peculiar do galego e que xa veu sendo obxecto de polémica durante os séculos precedentes. O último debade público de que me lembro tivo lugar hai uns dous anos e nel […]

Escritos sobre cinema de Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz

Non é descoñecido o amor polo cinema de Agustín Fernández Paz, que se fixo explícito nun dos seus libros capitais, Fantasmas de luz, e antes nun conto longo, Amor dos quince anos, Marilyn. A súa cinefilia comezou na infancia e mocidade co Cine Villalbés como primeiro escenario, un espazo de “educación sentimental” e “descubrimento do […]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies