As chaves do tempo
A agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizaron entre o 18 e o 27 de novembro de 2017 unha serie de actividades arredor de Luísa Villalta.
Ofrenda a Eduardo Pondal
No centenario do pasamento de Eduardo Pondal, a asociación fixo unha ofrenda floral ante a tumba do poeta, no cemiterio de Santo Amaro.
Maruxa Mallo á luz da memoria
A asociación, para dar a coñecer a figura da artista galega Maruxa Mallo, a quen se lle dedicou este ano o Día das Artes Galegas, ofreceu unha conferencia a cargo de Carme Vidal, o 19 de abril de 2017.
Presentación do libro “Non des a esquecemento”
O 5 de abril de 2017 a asociación foi o lugar de presentación do libro de Luis Bará, Non des a esquecemento. “Quero falarvos dese pasado que reclama xustiza. Quero contar a dor mais tamén a coraxe e o heroísmo. Quero escribir a historia do terror e tamén a crónica da resistencia e da solidariedade. […]
Día das Artes Galegas
Con motivo da celebración do Día das Artes Galegas, dedicado a Maruxa Mallo, a asociación instalou unha mesa no Obelisco, onde se repartiron folletos e material relacionado coa artista. Ao longo do día tamén se contou coa actuación do acordeonista Alberte Núñez e da actriz Isabel Risco.
Visita guiada á exposición “Airiños aires, Rosalía”
A asociación organizou unha visita guiada á exposición “Airiños Aires, Rosalía” con Xurxo Lobato, na sala municipal de exposicións do Quiosco Alfonso, o 8 de marzo de 2017.
Celebración do 40 aniversario
O 19 de outubro de 2016, a Agrupación Alexandre Bóveda celebrou o seu corenta aniversario no teatro Rosalía Castro da Coruña. Deixámosvos algunhas das imaxes do acto, tomadas por Manolo Graña.