alexandre-branco-trans

DOCUMENTACIÓN

Queremos neste ano 2024 voltar a nosa ollada á literatura que nos acubilla, que nos acompañou desde hai centos de anos e lembrar de xeito moi especial as persoas pioneiras no libro galego, porque en 2024 celebramos o centenario da creación da editora Lar, mercé ao entusiasmo de Leandro Carré e Ánxel Casal. Foi unha iniciativa que recolleu o que sementara Céltiga e a Biblioteca Gallega de Martínez Salazar para editar en galego as mellores escritoras e escritores do momento. Xurdía así unha nova ferramenta onde o idioma era o esencial e abríanse novos camiños para que uns anos máis tarde nacese a editora Nós. Nestes medios, para falarmos sobre o libro e sobre a literatura, fixemos 12 escollas, mais facilmente poderían ser outras: o libro no antigo escudo da cidade, un outro libro sobre a cabeza de Santiago, o nome da nosa cidade e o Códice calixtino

Calendario 2024


 

Neste 2023, estamos a festexar o centenario dunha empresa científica xigantesca, o SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS.

O SEG, que integraría a grande parte da intelectualidade galeguista, chegou a ter cincocentos asociados. Iniciaría estudos en campos en que apenas había nada até ese momento, como o da matemática, a química, a astronomía ou a economía.

O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS acabaría, de xeito dramático, co golpe de estado fascista de xullo de 1936.

Calendario 2023


 

Doce centenarios nos chamaron para facermos esta lembranza de mulleres nadas hai 100 anos. Doce historias diversas, desde a de María Casares (a galega que foi a grande dama do teatro francés) até a da nosa queridísima Luz Pozo (poeta e moito máis), pasando pola de Mariví Villaverde e a memoria do exilio…

Calendario 2022


 

Facemos este calendario co compromiso de traballar para dar visibilidade ao traballo realizado por mulleres e coa firme esperanza de que no 2021 poidamos convivir nun mundo onde as mulleres “sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres”.
(Rosa Luxemburgo)

Calendario 2021


 

OS OFICIOS, os traballos visibles…
A épica do cotián
Desde sempre, tamén agora, as mulleres souberon berrar contra as inxustizas,
souberon reclamar salarios dignos para o seu traballo,
souberon da forza da unión,
souberon da necesidade de tecer redes de complicidade,
souberon do valor da solidariedade,
souberon…

Calendario 2020


 

Para o ano 2019 presentámosvos 12 historias de loitas colectivas, 12 historias de transgresión e rebeldía, 12 historias diversas de mulleres que TRABALLARON XUNTAS

Calendario 2019


 

O calendario para o ano 2018 é un calendario de pioneiras, de mulleres que foron imprescindibles no seu campo de traballo, estudo ou compromiso. Mulleres diversas na época na que viviron, no campo no que traballaron, na estela que deixaron…

Calendario 2018


 

Dedicada, neste 2017 a portada a Maruxa Mallo, elaboramos un calendario mensual para lembrar acontecementos fundamentais da nosa historia.

Calendario 2017

Estes dous documentos conteñen material complementario do curso Para avanzarnos na calidade do idioma que se desenvolveu no pasado mes de outubro de 2023. Materiais I contén referencias bibliográficas, algunhas xa comentadas no día 27; Materiais II consiste nun exercicio para mellorar o galego alí utilizado.

A Coruña, a cidade que alumeou as Irmandades da Fala. No 2016 realizamos un despregable no que, de xeito moi breve contabamos a historia das Irmandades da Fala.

Sete “momentos” para contar o acontecemento: A Coruña, a cidade que alumeou as Irmandades da Fala//A Nosa Terra, voceiro das Irmandades//As mulleres das Irmandades//A Primeira Asemblea Nacionalista//A defensa da lingua//O teatro das Irmandades//Os libros de NÓS.

E sete persoas protagonistas dos acontecementos: Antón Vilar Ponte//Ánxel Casal//Lois Peña Novo// Rita Amparo López Jean//Víctor Casas//María Miramontes//Elvira Bao Maceiras.

Despregable A Coruña, a cidade que alumeou as Irmandades da Fala


 

Un depregable de imaxes e textos da xente das Irmandades da Fala, desde a bandeira da IdaF de Betanzos -a única que se conserva- até textos de Antón Vilar Ponte ou Víctor Casas. Mais non queriamos que ese percorrido quedara na pasado e por iso a última imaxe é de Pepe Galán, dunha peza da súa exposición de “Onte para mañá”, e o último texto é de Mª Xosé Silvar, SES, “E aínda seguimos aquí a aturar tempestades de sal…”

Postais As imaxes e o pensamento das Irmandades da Fala


 

Roteiro pola cidade da Coruña para coñecer os espazos e @s protagonistas das Irmandades da Fala.

Sete espazos para resumir a pegada das Irmandades:

  1. Comezamos na rúa Álvaro Cebreiro, figura fundamental da vangarda artística galega dos anos vinte e trinta, e autor, co poeta Manuel Antonio, do manifesto ‘Máis alá!’.
  2. Imos logo á rúa Real nº 36, onde estivo a Editorial Nós, para lembrar o traballo realizado por Ánxel Casal na editorial Nós (e antes en Lar xunto a Leandro Carré).
  3. Paramos no Teatro Rosalía para falar do teatro das Irmandades.
  4. Achegaremos logo á rúa San Agostiño, onde morre Murguía.
  5. Casa do Concello para lembrar a Lois Peña Novo. Con el o nacionalismo e a lingua galega chegaba, en 1920, a un salón de plenos.
  6. Tamén na praza de María Pita, as Escolas do Insiño Galego. Era o 8 de xullo de 1923 cando a Irmandade da Fala da Coruña decide crear as Escolas de ensiño Galego.
  7. Para rematar en Rego de Auga 38, sede da Academia, onde o 18 de maio de 1916 nacen as Irmandades da Fala.

 

Roteiro das Irmandades

Colección para axudar a rescatar do esquecemento a mulleres de pensamento e de acción, mulleres singulares que traballaron polo progreso, pola igualdade, pola mellora de Galiza e de cada unha das galegas e galegos.

A CORUÑA E O CINEMA: TEMPOS DIFÍCILES

A CORUÑA E O CINEMA: OS VERDES ANOS

A PRESERVACIÓN DO CINEMA

O CURTAS VILA DO CONDE E A CURTAMETRAXE EN PORTUGAL

MULLERES NO WESTERN

O CINEMA DO 25 DE ABRIL


KINUYO TANAKA


ACTORES E ACTRICES AFROAMERICANOS NO HOLLYWOOD CLÁSICO


CENTENARIO DE OUSMANE SEMBÈNE


CINEMA PORTUGUÉS DOS 80


HOLLYWOOD ❤️ URSS


A SIDA, A OUTRA PANDEMIA DAS NOSAS VIDAS


CINEMAS DOS POBOS ORIXINARIOS


PAÍSES AFRICANOS DE FALA PORTUGUESA


CINEMA E EDUCACIÓN


A HUMANIDADE EN PERIGO: CIENCIA FICCIÓN DOS ANOS 50


AS ORIXES DO CINEMA AFROAMERICANO

 

O número 3 da colaboración anual da AC Alexandre Bóveda con Sermos Galiza, onde se fai un repaso á actividade da agrupación con especial atención ao proxectos A Coruña das Mulleres e Mulleres sen cancelas.

Sermos Bóveda nº 3


 

O número 2 da colaboración anual da AC Alexandre Bóveda con Sermos Galiza, onde se fai un repaso á actividade da agrupación con especial atención á música e á muller.

Sermos Bóveda nº 2


 

O número 1 da primeira das colaboracións anuais da AC Alexandre Bóveda con Sermos Galiza, onde se fai un repaso ao presente, pasado e futuro da asociación: grupo de teatro, lingua e literatura, Irmandades da Fala…

Sermos Bóveda nº 1

 

PANEIS DO 40 ANIVERSARIO DE ACAB

Co gallo do 40 aniversario da AC Alexandre Bóveda, celebrado o pasado ano 2016, confeccionáronse estes paneis que agora se poden descargar en formato PDF, onde se recolle unha visión xeral desta longa andaina.

Paneis do 40 aniversario


ANO DE MARUXA MALLO

A Real Academia Galega de Belas Artes escolleu a efeméride 1 de abril para homenaxear @s artistas galeg@s en memoria dese día do ano 1188, data en que foron asentados os dinteis do Pórtico da Gloria polo Mestre Mateo.

O 2015 foi dedicado ao Mestre Mateo; 2016 dedicado a Castelao e este 2017 dedicouse a Maruxa Mallo. Desde a A. C. Alexandre Bóveda quixemos render homenaxe a esta muller galega, artista, feminista, transgresora, vangardista, inconformista e xenial pintora, e entre as actividades realizadas está este tríptico.

Maruxa Mallo. Día das Artes Galegas 2017


REPÚBLICA GALEGA

Folleto elaborado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, para dar a coñecer os sucesos que deron lugar á proclamación da República Galega en xuño de 1931.

República Galega


URBANO LUGRÍS

No ano 2023 cumpriuse o 50 aniversario do pasamento do pintor Urbano Lugrís (nado na Coruña o 28 de xaneiro de 1908 e finado en Vigo o 23 de decembro de 1973)

Díptico de Urbano Lugrís


HIMNO GALEGO

O 8 de marzo de 1917 finaba na Coruña Eduardo Pondal. Entre as actividades de homenaxe realizadas está a elaboración dun himno “de peto” que recuperase a letra que o poeta escribira a petición de Pascual Veiga. Cremos que xa é moito hora de devolver o himno á súa textualidade pondaliana orixinal.

Himno galego


MAPA DOS CINEMAS DA CORUÑA

A Coruña foi unha cidade de cines. E neste mapa recollemos e localizamos cada un dos principais cinemas que houbo ou hai na nosa cidade.

Roteiro Os cinemas da Coruña

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies