alexandre-branco-trans

Equiparar vítimas e verdugos

A derradeira lección do mestreSeñor presidente do Parlamento de Galiza.

Señoras e señores portavoces dos grupos parlamentarios.

O pasado día 7 de xuño, as asociacións memorialistas galegas asinantes deste escrito, asistimos convidadas a un acto no Parlamento de Galiza de homenaxe a Alexandre Bóveda e ás vítimas galegas do franquismo, baixo o título “Concordia, paz, liberdade”.

Alén que as entidades de memoria histórica que representamos non poden sentirse aludidas no título escollido para este acto, e máis alá dalgunhas outras expresións realizadas durante o discurso do Sr. Santalices como presidente do Parlamento de Galiza, parécenos intolerábel a referencia onde se equipara a vítimas e verdugos e que puidemos escoitar durante a citada intervención, recollida posteriormente na web desta institución

É moito máis grave incluso, cando esa equiparación se enmarca nun relato histórico falso e en nome da democracia e os dereitos humanos. Afondar na idea de que en Galiza houbo unha guerra civil con vítimas en dous bandos diferenciados, é simplemente faltar á verdade e só consegue verter sobre ás vítimas do franquismo máis impunidade.

Pretender normalizar este tipo de relatos é para as entidades que representamos algo inaceptábel. Moito máis cando estas se fan nun acto que supostamente pretendía render homenaxe ás vítimas galegas da barbarie franquista.

É por iso que as entidades asinantes solicitamos a retirada das expresións e alusións antes referidas da páxina web e dos medios escritos.

Galiza, a 1 de xullo de 2023


Asinan este escrito as seguintes entidades, todas elas integrantes da Iniciativa Galega pola Memoria (IGM):

  • Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH)
  • Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
  • Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo
  • Asemblea Republicana de Vigo
  • Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36
  • Asociación Cultural “Vagalumes” de Tabeirós-Terra de Montes
  • Asociación Cultural Irmandade do Dolmen
  • Comisión pola Memoria Sinhor Afranio – Silleda
  • Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín
  • Fundación Luis Tilve
  • Fundación Alexandre Bóveda
  • Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza

4 Respostas

  1. Paréceme intolerable a versión da dereitona sobre os crímes franquistas. Ainda que estamos acostumados a escoitar estes argumentos noxentos, non podemos nin debemos calar.
    Un apunte á nota, que paréceme perfecta:
    No listaxe de asociacións asinantes, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda ven mesturada con outras dúas. Creo que o correcto é separalas coma as demáis.
    Noraboa pola vosa presenza en defensa da liberdade e da xustiza histórica.

    1. Moitas grazas pola túa observación. Si, había un erro na relación das entidades e algunhas aparecían xuntas. Xa está corrixido.

  2. Antes podíamos decir que era ignorancia, pero ahora solo desde a mala fe e a falta escrúpulos se pode entender esta ofensa continuada as víctimas do franquismo, saben de sobra que en Galiza non oubo guerra, logo non pode haber bandos, hay seis mil mortos por la barbarie falangista e franquista, sabeo todo mundo que quiso leer, a Luis Lamela, Bernardo Maíz, Emilio Grandío, Julián Casanova e un longo ecetera de investigadores e hispanistas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies