
O sábado 26 de abril, ás 11.30 h, xuntarémonos diante do monumento dos Mártires de Carral para conmemorar o 179 aniversario desta revolución popular.
Faremos unha ofrenda florar, seguida da lectura do manifesto polo seu autor, César Caramés, e remataremos cun roteiro teatralizado até co cemiterio de Paleo, coa Asociación Cultural e Teatral Abril de Lume e Ferro.
Hai 179 anos dase unha revolución popular galega dirixida por soberanistas e socialistas, artellada en xuntas, e que toma medidas concretas que transforman a realidade seguindo un programa: báixanse os prezos do sal, exprópianse os capitais do Banco de San Fernando, suprímense a policía e a garda civil, créase un exercito, chamado Exército Libertador da Galiza, chámase o pobo a participar, refórmase o ensino a través dunha comisión… Fusilamentos, bombardeamentos, saqueos, exilio, torturas e asasinatos foron os que padeceron aqueles e aquelas que a secundaron. Desta realidade lembrarémonos o próximo 26 de abril, en Carral, perante o monumento dos Mártires de Carral.
Esta actividade está convocada por Vía Galega, plataforma da que nós facemos parte.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.