Outras historias do cinema: 1976 no cinema

Outras historias do cinema: 1976 no cinema

O xoves 2 de xullo ás 19.30 h, dentro do ciclo “Outras historias do cinema”, o noso local acolle a sesión 1976 no cinema.

O 50º aniversario da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda merece unha homenaxe a través do cinema. Como foi 1976, o ano de nacemento da entidade, en termos fílmicos? Cales foron as películas máis destacadas nos festivais e que grandes figuras naceron e morreron aquel ano? Dende unha perspectiva local, que salas seguían abertas na Coruña naquela altura e como era a súa programación? Nesta sesión pousamos o ollar nun ano no que comezou a mudar de maneira decisiva a actividade cultural da nosa cidade.

Para falarnos desta interesante historia, contaremos con Martin Pawley, crítico e programador cinematográfico.

DATOS DO EVENTO

Data: Xoves, 2 Xullo 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete