Visita guiada á exposición “25 anos de felicidades colectivas. Unha homenaxe á sala Mardi Gras”

AC Alexandre Bóveda

O martes 4 de febreiro, ás 19 h, faremos unha visita guiada á exposición 25 años de felicidades colectivas. Unha homenaxe á sala Mardi Gras na Casa Casares Quiroga. A exposición está dividida nun prólogo e seis capítulos, e inclúe unha zona dedicada a todas as bandas e artistas que pasaron polo seu escenario durante o cuarto de século de vida que suma Mardi Gras.

Realizará a visita Tomi Legido, director artístico de Mardi Gras e comisario da exposición.

A duración aproximada da visita é de 50 minutos.

DATOS DO EVENTO

Data: Martes, 4 Febreiro 2025
Hora: 19:00
Lugar: -
Tipo de evento: Visita