30 anos de asociacionismo memorialístico na Galiza

30 anos de asociacionismo memorialístico na Galiza

O mércores 14 de outubro ás 19.30 h acollemos a palestra titulada 30 anos de asociacionismo memorialístico na Galiza co historiador Carlos Diegues, que explicará cal foi o substrato do memorialismo galego e identificará os colectivos e as actividades memorialísticas máis destacadas durante o período 1977-2007.

A palestra será unha boa oportunidade para facer balance dos principais logros do movemento memorialístico galego e dos seus desafíos para o futuro.

O acto contará coa intervención de Uxío-Breogán Diéguez, director da Cátedra de Memoria Histórica da UCD e de Carlos Babío Urkidi, presidente da CRMH da Coruña.

Carlos Diegues é doutor en Historia pola UNED, cunha tese centrada no proceso de recuperación da memoria democrática na Galiza. Froito desa investigación é o libro Un pobo con memoria, coeditado pola asociación cultural Xermolos, de Guitiriz, e polo Instituto Galego de Historia.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 14 Outubro 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete