
A Fundación Galiza Sempre presenta o caderno 75 anos de legado de Castelao, para conmemorar o 75 aniversario do falecemento de Castelao no exilio. O caderno supón unha ferramenta indispensábel para divulgar, explicar e debater o pensamento de Castelao. A publicación presenta o Castelao auténtico, o Castelao patriota que do servizo a Galiza fixo a razón de ser da súa vida.
Contando coa participación do autor da publicación, o profesor Xoán Carlos Garrido, presentarase un Castelao sen manipulación fronte ao proceso de terxiversación da súa loita que comezou no mesmo momento da súa morte.
As persoas que se acheguen á presentación levarán de balde un exemplar do caderno.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR