
O luns 2 de marzo, ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro de Manuel López Foxo A construción da nación desde o realismo político, publicado por Libros Lorref.
A obra compila artigos que nos achegan a figuras e momentos da historia do nacionalismo galego e do país, co exemplo luminoso do Partido Galeguista de Castelao e Bóveda como faro. “O libro –como di Xavier Campos no limiar– é un convite, mais tamén unha proposta. O país, sempre por diante. As mans, tendidas a xeitos ben diferentes de comprender e de sentir a nación que compartimos. O pasado puido ser diferente. Mais a nosa obriga, hoxe, é soñar o futuro. E traballarmos, no presente, para facelo realidade”.
Manuel López Foxo (Ortigueira, 1960) é articulista desde os dezaseis anos. Crítica literaria, xornalismo cultural e columna de opinión. Colaborou en diversos medios e publicou, entre outros, os seguintes libros: Sobre a poesía última de Manuel María (1976-1995), Prosas apaixonadas, O pracer de reler e Literatura e País. Foi coordinador xeral da Universidade Popular de Ortigueira, pola que pasaron as principais personalidades da cultura galega galega daquel momento e figuras como José Luís Sampedro.
O autor estará acompañado por Anxo Quintana, Mercedes Queixas e Dani Cao.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.