A Coruña, porto negreiro

A Coruña, porto negreiro

O mércores 15 de xullo ás 19:30 o noso local acolle a conferencia sobre o proxecto de investigación A Coruña entre memorias: historia, colonialismo e identidade, que dará pé a coñecer os detalles da exposición A Coruña: Porto Negreiro, desenvolvida no MUNCYT.

Contaremos coa arquitecta Cristina Botana, unha das responsables desta investigación, quen abordará os descubrimentos sobre a nosa historia local. O proxecto proponse como un exercicio de memoria crítica que interpela directamente á cidade e a quen a habitan, cuestionando de xeito directo os relatos hexemónicos tradicionais e abrindo un espazo necesario para aquelas historias que foron sistematicamente silenciadas ao longo do tempo.

Cristina Botana é doutora en Arquitectura e Urbanismo pola UDC, especialista en segregación urbana e investigadora posdoutoral Juan de la Cierva na USC, cunha estadía na Universidade de Berkeley enfocada no análise decolonial e antisistémico.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 15 Xullo 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete