A Druidesa (1926-2026). Poderosa. Forte. Desafiante.

AC Alexandre Bóveda

O venres 6 de marzo ás 19.30 h, a historiadora da arte Iria-Friné Rivera Vázquez analiza a obra de Uxío Souto A Druidesa (1926-2026). Poderosa. Forte. Desafiante.

En 1926 o escultor Uxío Souto realizou A Druidesa. Coa influencia de Camilo Díaz Baliño, Souto realizou unha das figuras mais impoñentes da arte galega. Tanto foi así que, no momento no que se expuso ao público, mesmo a prensa quedou abraida ante a audacia que supoñía esta representación da feminidade en todo o seu esplendor: unha muller co cabelo solto, coroada de hedra e cun longo velo branco e espida, chamando as forzas de maior autoridade sobre a Terra.

Souto non so trouxo a épica femenina das druidesas, senón que fixo aínda mais énfase nas druidesas galegas ao gravar os versos de Ramón Cabanillas en Da Terra Asoballada no seu pe: “Galiza, nai e señora; sempre poderosa e forte”. Souto mudou o “garimosa” por “poderosa”, proxectando non so a personalidade histórica dunha figura tan intrinsicamente ligado a cultura galega como as druidesas. Proxectou como unha soa cousa a soberanía propia dunha alegoría nacional e a liberdade das mulleres contemporáneas, precisamente nun momento no que as mulleres estaban a vivir e traballar como cidadadás de pleno dereito na década dos anos 20. Cen anos despois o seu sentido físico como creativo -a escultura colocouse co máximo orgullo na Biblioteca do Balneario de Cuntis, dado prestixio intelectual do celtismo galego dende Eduardo Pondal e Manuel Murguía-, esta obra segue a falar dun espírito feminino que permanece indómito.

Iria-Friné Rivera Vázquez é escritora e investigadora da USC, especialista en Arte da Idade Moderna e forma parte dos padroados da Fundación Luís Seoane (A Coruña) e a Fundación Vicente Risco (Allariz).

DATOS DO EVENTO

Data: Venres, 6 Marzo 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies