Pensando o Futuro: A España doente e os lombos que a padecen

Pensando o Futuro: A España doente e os lombos que a padecen

O xoves 15 de outubro ás 19.30 h, terá lugar o segundo encontro do Ciclo Pensando o Futuro, Ciclo de pensamento crítico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

O acto contará coa intervención de David Rodríguez, escritor e colaborador en medios de comunicación nunha conferencia co título A España doente e os lombos que a padecen.

A charla proporá unha achega a algunhas das raíces históricas do problema nacional español. Recalcarase o eterno retorno dunha diverxencia radical: a das dúas grandes concepcións arredor da organización política idónea para os pobos ibéricos, e como moitos dos tropos e contradicións cos que se expresa esa diverxencia toman novas formas no presente condicicionando a vida política do Estado dun modo fundamental.

DATOS DO EVENTO

Data: Xoves, 15 Outubro 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete