Ciclo Aula Aberta. A Festa da Palabra Silenciada: dar voz ás escritoras galegas contemporáneas

Ciclo Aula Aberta. A Festa da Palabra Silenciada: dar voz ás escritoras galegas contemporáneas

Dentro do ciclo Aula Aberta, en colaboración co Grupo Illa da UDC, o luns 26 de outubro ás 20:00 horas acolleremos a palestra A Festa da Palabra Silenciada: dar voz ás escritoras galegas contemporáneas, impartida por Lucía Sánchez Cal.

A palestra explora como a revista Festa da Palabra Silenciada contribuíu para a visibilización e lexitimación das escritoras galegas contemporáneas e como serviu para tecer redes de apoio entre elas a través do análise da sección de “Creación”, a subsección de “Escrito por mulleres” e as dedicatorias entre autoras.

Lucía Sánchez Cal é graduada en Galego e Portugués e en Español: estudos lingüísticos e literarios pola UDC.

DATOS DO EVENTO

Data: Luns, 26 Outubro 2026
Hora: 20:00
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete