
Dentro do ciclo “Otero Pedraio, arredor de nós” o luns 13 de abril, ás 20:00 h, teremos a conferencia titulada Guía de Galicia de Ramón Otero Pedraio: o manual para descubrir un país, por Manuel Gago.
Otero Pedraio publicou en 1926 a súa primeira grande obra: a Guía de Galicia. Ao longo da súa vida, o polígrafo ourensán preparou catro edicións distintas que acompañaron os cambios da súa vida e as grandes transformacións da Galiza do século XX. Esta conferencia investiga as claves vitais e culturais que se agachan tras dunha das pezas fundamentais da nosa cultura. Máis alá do seu propósito como produto turístico, a Guía converteuse nun manual sentimental para varias xeracións de mozos galeguistas que descubriron o seu país a través dos ollos de don Ramón.
Manuel Gago é xornalista e profesor na USC.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.