O mércores, día 15 de xaneiro, ás 19.30 h, falaremos de Astronomía con Ramón Vilalta.
Pese a cumprir xa 30 anos, as explicacións da evolución estelar que nos ofrece o vídeo A mensaxe das estrelas seguen plenamente vixentes. Producido pola AS-PG, con locución de Lino Braxe, e premiado na Bienal de Cine Científico de Zaragoza achéganos, de forma didáctica, as claves de como se forman as estrelas e como se extinguen, dando pé aos pilares da vida. Acompañados por un dos seus autores, Ramón Vilalta, nesta sesión veremos o documental e aprenderemos como cambiou a ciencia ao longo destes 30 anos.
Ramón Vilalta (Montevideo, 1957) doutorouse en Química pola USC, investigando sobre produtos naturais mariños. Foi profesor de Física e Química, tamén de Astronomía, e autor de varios libros de divulgación.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR