
Dentro do Cineclub Bóveda, o venres 19 de xuño ás 19.30 h proxectamos A moza da cidade (F. W. Murnau, 1930).
Agochada ás veces polo inmenso prestixio e influencia de “Amencer” e “Tabú”, é imposíbel non recoñecer hoxe esta obra como unha das demostracións máis depuradas do talento do cineasta alemán. Cunha parella memorábel como protagonista, formada por Mary Duncan e Charles Farrell, o filme preserva unha absoluta modernidade grazas á súa sabia lixeireza, o seu irresistíbel alento romántico e unha beleza plástica raras veces vista nunha pantalla, servindo de obvia influencia para o Terrence Malick de “Días do ceo”.
A sesión contará coa presentación de Martin Pawley, crítico e programador para quen esta é a súa película favorita de toda a historia.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.