
O domingo 10 de maio ás 12 horas, realizaremos un acto polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS diante do Teatro Rosalía. Esta actividade, organizada pola Área de Cultura da Deputación da Coruña, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, chama a ler ao autor/a homenaxeada no Día das Letras Galegas e que neste 2026 está dedicado a Begoña Caamaño, xornalista, escritora, activista en defensa da lingua galega.
A música nesta ocasión pona o Dúo Acordeireta, formado por Patricia González Iglesias e Alejandro Balbuena Ojea que interpretarán temas de creación propia xunguida ás raíces e textos de poetas: Rosalía de Castro, Manuel María, Florencio Delgado Gurriarán, Xela Arias…
Mais non hai mellor homenaxe a unha escritora que (re)ler a súa obra e iso é ao que te animamos para ese domingo 10 de maio. Escolle o texto de Begoña Caamaño que máis che guste e ven participar nesa lectura colectiva.
Se te animas a ler, cando teñas escollido o texto, dínolo a través do formulario desta páxina. Se non les non é necesario inscribirse.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR