
Dentro do ciclo Agra no Ágora 2026, promovido polo Concello da Coruña, o auditorio do Centro Ágora acolle o sábado 31 de outubro, ás 19.30 h, a posta en escena de Un ollo de vidro (Memorias dun esquelete). Trátase dunha adaptación teatral dirixida por Lucho Penabade e interpretada por compoñentes da Agrupación Cultural Solfa e da Agrupación Cultural O Galo, organizada pola Federación Galiza Cultura, da que a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda fai parte.
A obra achéganos ás memorias dun esqueleto que observa o mundo dos vivos dende a súa cova nun camposanto urbano. A través do humor afiado e da ollada lúcida e crítica de Castelao, a peza pon o foco sobre asuntos como o drama migratorio, o caciquismo, a recuperación da memoria e a defensa irrevogable do galego; cuestións que manteñen toda a súa forza máis dun século despois. A entrada é de balde até completar capacidade.
Ao remate da representación, a Federación Galiza Cultura convida as persoas asistentes a compartir un magosto no campo de chave da Asociación Os Mariñeiros, entidade que colabora nesta celebración popular.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies
Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.
Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.
Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.
Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.