Alexandre Bóveda e CUAC FM: Dúas travesías, unha onda común

Alexandre Bóveda e CUAC FM: Dúas travesías, unha onda común

O venres 30 de xaneiro, ás 19.30 h, na nosa sede, temos unha cita ineludible para celebrar o moito que nos une a CUAC FM. Este 2026 non é un ano calquera: nós cumprimos medio século e a emisora comunitaria da Coruña sopra 30 velas. Son moitos anos compartindo loitas, ondas e cultura, e querémolo celebrar con todas vós do mellor xeito posible: xuntándonos.

A nosa conexión vai moito máis alá das siglas; sabedes que nos encanta a radio e que cada martes levamos o noso Recendo ao 103.4 FM. Por iso, preparamos unha tarde para gozar e charlar sen présas. Empezaremos vendo o documental Nada que ver, un percorrido visual pola historia de CUAC, e despois abriremos unha conversa entre amigos. Estarán os compañeiros e compañeiras do programa, xente da directiva e da emisora para falar do que fomos, do que somos e de como seguir facendo cidade e cultura libre. Vaste perder este dobre aniversario?

DATOS DO EVENTO

Data: Venres, 30 Xaneiro 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Encontro

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies