
O xoves 20 de marzo, ás 19.30 h, no ciclo Aula Aberta, Laura Freire Ledo falaranos das antoloxías poéticas contra a violencia de xénero no século XXI.
Na palestra realizarase unha análise da poesía galega do século XXI contra a violencia de xénero a partir de tres antoloxías colectivas, os dous volumes de Polifonías: Voces poéticas contra a violencia de xénero e o Manifesto 25N, atendendo ás condicións institucionais de publicación e aos seus repertorios temáticos.
Laura Freire Ledo é graduada en Galego e Portugués. Estudos Lingüísticos e Literarios. Actualmente cursa o Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, F.P. e Ensino de Idiomas.
Esta actividade fai parte do ciclo Aula Aberta que facemos co Grupo Illa da Facultade de Filoloxía da UDC.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.