Visita guiada á exposición “Arquitecturas que falan do seu tempo”

AC Alexandre Bóveda

O martes 18 de febreiro, ás 18 h, realizaremos unha visita guiada á exposición Arquitecturas que falan do seu tempo, no Museo de Belas Artes.

Comisariada polos arquitectos Xosé Manuel Casabella e Alfredo Sellier, esta exposición presenta a evolución da arquitectura en Galiza desde mediados do século XIX, rememorando a fundación en 1849 da Academia Provincial de Belas Artes. Esta institución foi pioneira promovendo a formación artística e arquitectónica na comunidade, grazas ao labor de figuras como Faustino Domínguez Domínguez e José María Noya Vaamonde, quen foron impulsores do Museo e da Escola de Belas Artes.

As obras e os estilos arquitectónicos presentados na exposición reflicten un amplo abano de evolucións, desde o eclecticismo e o modernismo ata o funcionalismo e o Movemento Moderno, capturando unha nova actitude que marca o paso da rixidez clásica cara a unha arquitectura en maior diálogo co seu tempo e co espazo urbano. Esta mostra destaca como cada arquitecto contribuíu a moldear o espazo urbano galego, creando un legado en sintonía co contexto histórico e cultural de cada época.

Guiarán a exposición os seus comisarios Xosé Manuel Casabella e Alfredo Sellier.

DATOS DO EVENTO

Data: Martes, 18 Febreiro 2025
Hora: 18:00
Tipo de evento: Visita

PRAZAS ESGOTADAS