Pensando o futuro: Da fronteira á Eurorrexión. As pontes entre Galiza e Portugal

AC Alexandre Bóveda

O mércores 22 de outubro, ás 19.30 h, teremos unha nova sesión do ciclo Pensando o Futuro. Será cunha palestra de Inês Gusman, profesora de Xeografía da USC e directora da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galiza–Norte de Portugal (CEER), que nos falará da fronteira á Eurorrexión: as pontes entre Galiza e Portugal.

A fronteira serviu ás ditaduras ibéricas para limitar os vínculos entre Galiza e Portugal, mais nas últimas décadas foi reconfigurándose como espazo de encontro, colaboración e construción de relacións transfronteirizas. Nesta sesión, Inês Gusman invítanos a repensar o significado da fronteira á luz do pasado común, das transformacións políticas recentes e dos retos de futuro dun territorio compartido: a Eurorrexión Galiza–Norte de Portugal.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 22 Outubro 2025
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies