As vinte almas de Maruja Mallo

AC Alexandre Bóveda

O mércores 22 de abril, ás 19.30 h, acolleremos a conferencia As vinte almas de Maruja Mallo a cargo de Laura Domínguez. En 1993 o Centro Galego de Arte Contemporánea de Galicia (CGAC) abría as súas portas cunha retrospectiva de Maruja Mallo, iniciando así unha historia de recuperación da obra e figura desta artista vangardista que fora borrada e esquecida. Nesta sesión faremos un repaso pola súa vida e obra, reflexionando sobre o redescubrimento da súa figura nos últimos anos.

Laura Domínguez é licenciada en Historia da Arte, cun máster en Museoloxía e outro en Educación. Traballou en diversos museos realizando labores de comisariado, didáctica e divulgación cultural, con especial interese no vínculo entre a comunidade e a cultura.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 22 Abril 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies