
O xoves 14 de maio de 2026, ás 20:30 horas, ten lugar no Circo de Artesáns a asemblea aberta “Salvemos os frescos de Lugrís!”.
No baixo do número 25 da rúa dos Olmos da Coruña atópase o único conxunto muralístico dos que pintou Urbano Lugrís que conservamos íntegro. Un espazo sen parangón para a historia da arte galega creado polas 12 pinturas que Lugrís deixou na parede.
Dende que, en 2021, pechou o local de hostalaría que se atopaba nese baixo, os frescos esmorecen por culpa da ruína do edificio, as inclemencias do tempo, a acción de pombas e ratas e o desleixo das administracións locais e autonómicas.
Cada día que pasa a situación é máis crítica e por iso o colectivo In Nave Civitas e a asociación cultural O Mural convocan a toda a cidadanía interesada e aos colectivos sociais a unha asemblea aberta na que decidir o seguinte paso para solicitar a actuación urxente de Xunta e Concello. Unha intervención dirixida xa e dunha vez a salvar os frescos do Fornos e nos permitir, de novo, o acceso á beleza.
O 14 de maio de 2026, ás 20:30 horas no Circo de Artesáns, decidiremos, entre todas, o seguinte paso.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.