
O mércores 26 de novembro, ás 19.30 h, coñeceremos a astronomía no Sahara da man de Andrea Rodríguez Antón.
Lonxe de ser un territorio hostil para a vida, o deserto do Sahara é e foi un espazo habitado polo que transitaron grupos nómades durante milenios. E todas estas persoas observaron o impresionante ceo que domina a paisaxe, atentas aos seus cambios. Nesta presentación farase un achegamento ao patrimonio astronómico do Sahara Occidental a partir dos incontábeis vestixios arqueolóxicos aínda presentes no deserto, así como das voces que aínda gardan unha memoria máis recente sobre o papel da astronomía nos labores cotiáns e estacionais.
Andrea Rodríguez Antón é doutora en astrofísica e investigadora do INCIPIT (Instituto de Ciencias do Patrimonio) de Santiago de Compostela.
Contaremos tamén con membros da Comunidade Saharauí en Galiza que nos falarán da situación actual do Sáhara.
Esta actividade está feita conxuntamente coa Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR