
O luns 4 de maio, ás 20:00 horas, a nosa sede acolle a presentación de Begoña ou o pracer da amizade, a nova obra de Beatriz Maceda publicada por Xerais. Nesta biografía novelada, catro voces míticas —Circe, Penélope, Morgana e Xenebra— reúnense para narrar a vida de Begoña Caamaño, desde a súa infancia en Vigo ata o seu papel clave na cultura galega contemporánea. Acompañando á autora estará a doutora pola USC Pilar García Negro.
Begoña Caamaño, xornalista, activista e escritora, loitou pola igualdade e a liberdade nunha Galicia en transformación, tecendo redes de amizade e compromiso. Este relato convídanos a descubrir o poder das mulleres que devolveron a voz ás esquecidas.
A autora, Beatriz Maceda, naceu e vive na Coruña, aínda que pasou parte da súa vida en Vilalba. Mestra de Educación Primaria e especialista en Lingua Inglesa, conta cunha dilatada traxectoria no ensino e na literatura. Tras publicar relatos en Tempos Dixital, deu o salto ao álbum ilustrado con títulos como Man. O alemán de Camelle (2012) ou O álbum de Garrincha (2015). Entre as súas obras destacan tamén Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán (2017) e os seus traballos en Xerais: Lúa en Ningures (2019), As sentinelas do silencio (2022), Luísa Villalta. Alma de violino (2023) e Teranga (2024).
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.