
O venres 28 de marzo, ás 19:30 h, no noso local, a Compañía La Guajira, con Ana Beatriz Pérez, ofrécenos a preestrea de Anfibia, dentro do ciclo Body Talk, que organizamos en colaboración coa AC AÏS.
ANFIBIA é un só de danza, que unifica voz, espazo sonoro e movemento nun acto militante do ser e o estar, de permanecer no aquí e o agora, ao encontro dunha natureza propia e distintiva, co corpo como testemuño. ANFIBIA como metáfora do cambio, do paso do tempo e da capacidade humana de saberse adaptar ao territorio, mutando cara a novas realidades, axustándose a un novo devir.
A peza debuxa a unha muller en cambio continuo. A artista que muta para reinventarse, poñendo en valor a vontade, a forza feminina, a fraxilidade e a beleza.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR