Cafés Feministas: A violencia xinecolóxica

Cafés Feministas: A violencia xinecolóxica

O sábado 9 de maio, ás 12:00 horas, dentro do ciclo Cafés Feministas, organizado pola ACAB en colaboración coa Marcha Mundial das Mulleres, teremos un novo encontro dedicado a tratar a violencia xinecolóxica: unha forma invisible da violencia de xénero no sistema de saúde. Actualmente, esta é unha práctica tan habitual como invisible, que se manifesta a través da falta de información, o trato irrespectuoso, a atención deficitaria ou intervencións sen consentimento previo. Neste contexto, no que acudir a unha consulta pode ser un acto de valentía, cabe preguntarse onde queda a nosa saúde. Porque a saúde non pode ser un privilexio de xénero, dedicaremos esta xornada a falar sen medo sobre as nosas necesidades e a buscar apoio colectivo para evitar estas agresións no sistema sanitario.

Non é necesaria inscrición.

DATOS DO EVENTO

Data: Sábado, 9 Maio 2026
Hora: 12:00
Tipo de evento: Encontro

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies