
Dentro do ciclo Cafés Feministas, o sábado 10 de xaneiro, de 12:00 a 13:30 horas, no noso local, preguntámonos: Como paramos o custo da beleza?
A unión do patriarcado e o capitalismo dirixe a presión sobre a estética feminina. Esta semana falamos sobre o custo persoal e social nunha sociedade que fomenta o consumo de modas influentes e cambiantes como o único camiño cara a felicidade. Organiza a ACAB en colaboración coa Marcha Mundial das Mulleres.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR