
O sábado 7 de febreiro, de 12:00 a 13:30 h, no noso local, teremos unha nova entrega do ciclo Cafés Feministas.
Nesta ocasión, o encontro xira arredor dunha pregunta tan incómoda como necesaria: «Cos anos as mulleres pasamos de obxecto a trasto?». Propoñemos un espazo de conversa para analizar como o paso do tempo afecta á percepción social das mulleres. Mentres a xuventude feminina é a miúdo tratada como un obxecto de consumo e desexo, a madurez parece condenalas á categoría de “trasto” inservible ou invisible para o sistema.
Agardámoste para compartir un café e debater sobre a presión estética, a utilidade social e a necesidade de reivindicar a nosa presenza e valor en todas as etapas da vida.
Organiza a ACAB en colaboración coa Marcha Mundial das Mulleres.
Non é necesaria inscrición.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.