
O sábado 8 de novembro, de 12.00 a 13.30 h, teremos na nosa sede un novo encontro de Cafés Feministas baixo o título «Estannos a recortar dereitos?».
Nesta sesión debaterase sobre o contexto actual: Vivimos nun momento en que se aproveita calquera caso para cuestionar as políticas de igualdade, as leis que implican avances en dereitos para as mulleres e cuestións que teñen que ver coa autonomía de todas nós. Casualidade? Reacción patriarcal? Que estratexias temos de resposta?
Non é necesaria inscrición.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR