Cafés Feministas: Sororidade. Realidade ou fantasía?

AC Alexandre Bóveda

No marco do ciclo Cafés Feministas, o sábado 14 de marzo ás 12 h, organizamos na nosa sede a sesión Sororidade. Realidade ou fantasía?

Este encontro, organizado pola ACAB en colaboración coa Marcha Mundial das Mulleres, propón un espazo de reflexión arredor de preguntas clave: Somos as mulleres as nosas peores inimigas como quere facernos crer o patriarcado? Está funcionando esa estratexia de división? É real esa suposta inimizade?

Agardámoste para compartir un café e debater sobre a potencia política da alianza entre mulleres fronte ás trampas do sistema.

Non é necesaria inscrición previa.

DATOS DO EVENTO

Data: Sábado, 14 Marzo 2026
Hora: 12:00
Tipo de evento: Encontro

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies