
O sábado 4 de outubro, ás 12 h, iniciamos un novo curso dos Cafés feministas. Farémolo coa pregunta: Verán, cansa ou descansa?
O verán é a estación ideal para relaxarse e coidar tanto o noso benestar físico como mental. Os días longos e as vacacións convidan a descansar e realizar actividades pracenteiras que nos axudan a desconectar e revitalizarnos. Así é no caso da grande maioría das mulleres? Chegamos a setembro mais descansadas, felices e seguras?
Non é necesario inscribirse para esta actividade.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR