Cantar a Nación

Vía Galega, Galiza Cultura, AC Alexandre Bóveda

O mércores 17 de decembro, ás 20 h, na rúa Rego de Auga (fronte ao teatro Rosalía de Castro), coa colaboración de Cántigas da Terra, cantaremos xuntas o noso himno nacional todas aquelas persoas que se acheguen.

No mes de decembro conmemórase o 118 aniversario da estrea solemne do noso himno. No ano de 1907, no Gran Teatro da Habana, interpretábase por primeira vez solemnemente e institucionalmente o himno nacional galego. Este fito histórico tan relevante non podía pasar desapercibido para Vía Galega e Galiza Cultura —dúas plataformas das que ACAB fai parte e que coorganizan este acto— pola importancia que o himno como símbolo nacional ten para fortalecer a nosa autoestima e para cohesionarnos colectivamente.

O himno galego identifícanos e represéntanos como nación. Como símbolo nacional amosa a nosa vontade de ser e existir como pobo ao tempo que proclama o dereito a sermos libres. Facémolo coa convicción de que son “chegados os tempos” de o rehabilitar consonte ao texto orixinal composto polo seu autor, Eduardo Pondal, de o interpretar e cantar completo e de o divulgar e popularizar de forma masiva por toda a sociedade galega por ser o único himno que sentimos como propio e que nos une a todas as galegas e a todos os galegos nunha mesma patria, Galiza.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 17 Decembro 2025
Hora: 20:00
Tipo de evento: Outros

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies